Concursos Proyecto de Medio Ambiente “Non somos de Plástico”.

 

 

Certame de traballos “NON SOMOS DE PLÁSTICO”

Creación de traballos gráficos, audiovisuais ou creación de obxectos dirixidos a evidenciar
o problema ambiental do plástico, a redución do seu uso e/ou a súa reutilización, dirixido a
alumnas e alumnos de educación infantil e primaria.
Non se admitirán traballos individuais, debendo ser presentados polo/a profesor/a da clase
que concorra ou o/a representante do centro educativo, no local da Asociación de Veciños
sito na Rúa Cerca, 30 baixo, ou en formato electrónico dirixido ao correo:
asociacion_iar@hotmail.com
Estes traballos quedarán expostos no Centro Cívico Municipal do Castrillón por un período
non inferior a 15 días, quedando ulteriormente en propiedade do Concello da Coruña.
Aos grupos participantes entregaráselles un obsequio.
Data límite da entrega de traballos: 30 DE NOVEMBRO DE 2017

Concurso de Vídeo

“Non somos de Plástico”
BASES:
Concurso de vídeos, dirixidos a evidenciar o problema
ambiental do plástico, a redución do seu uso ou a súa
reutilización.
Poderán presentarse alumnas e alumnos que estean
cursando educación secundaria ou bacherelato.
Os traballos presentaranse por grupos de 3 a 5
integrantes e terán unha duración máxima de 5 minutos.
Poderán ser gravados en teléfonos móbiles ou outros
medios audiovisuais en formato horizontal.
Todos os traballos presentados poderán ser divulgados
a través das redes sociais e outros medios electrónicos
por parte da Asociación de Veciños e do Concello da
Coruña, quedando en propiedade deste organismo,
formalizándose as debidas autorizacións.
Os traballos enviaránse por correo electrónico á
dirección: asociacion_iar@hotmail.com
Haberá premios para os 3 mellores traballos.
Data límite de entrega: 30 de novembro do 2017.

Más detalles:

Cartel CertamenPlastico Definitivo Peques

Cartel ConcursoPlastico Definitivo Mayores

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Orgullosamente respaldado por WordPress | Tema: Baskerville 2 por Anders Noren.

Sube ↑

error: Contenido protegido, contacta con correo@barriodocastrillon.es en caso de alguna duda.
A %d blogueros les gusta esto: